No mes de marzo tamén celebramos o aniversario de Xoán. El e mais o seu pai quixeron deleitarnos coa interpretación do conto "Verme e miñoca" dun xeito moi creativo e divertido. Un contacontos que fíxonos reir moito e do que sacamos varias reflexións, entre elas, o diversos que somos todos e os gustos tan distintos que temos. Deste xeito volvimos a recalcar a importancia do respecto polos demáis.
Tras a lectura, a silueta e despois a realización dunha receita deliciosa... figuriñas de chocolate de pascua. Tamén houbo propostas de pascua e voltas ao arredor do sol.
Tivemos de todo un pouco e pasámolo xenial. Gracias Xoán e familia, sempre pensando en cómo divertirnos. Pasamos un día xenial.
Parabéns Xoán, xa tes 6 aniños!!

















No hay comentarios:
Publicar un comentario