miércoles, 17 de febrero de 2021

VISITA REVITALIZA

 A semana pasada recibimos unha visita especial e moi divertida. Da man de Revitaliza, Rocío achegounos, dun xeito moi animado e didáctico, á importancia que ten a Reciclaxe e elaboración da Compostaxe para as nosas plantas e hortos. No seu obradoiro puidemos converternos en sementes que crecimos ata chegar a ser plantas, escoitamos a historia do Caracol Ecol e os seus amiguiños e buscamos pistas para adiviñar segredos que se escondían no libro do "Compost".

Encantounos a experiencia e aprendimos unha morea de cousas. Moitas grazas Rocío pola túa ledicia e bo humor!