E Noa, aínda que cumpriu tamén en marzo, celebrou o seu aniversario á volta de semana santa. Estes peques son tan maiores xa que saben perfectamente esperar cando fai falla. E a espera mereceu moito a pena xa que Noa e a súa mamá introducíronnos na interesante historia e nas lendas que rodean ao "Camiño de Santiago" facendo de nós uns auténticos peregrinos e peregrinas en busca da compostelana.
Tamén Iago, o irmá de Noa, quixo aportar o seu graniño de area á difusión do folclore galego tocando 3 temas musicais típicos de Galicia (muiñeira de Chantada, Ondiñas veñen e Pousa pousa) pero non coa gaita como estamos acostumados senón coa tuba. Impresionante traballo Iago... encantounos!!
PARABÉNS NOA E MIL GRAZAS FAMILIA... COMA SEMPRE... UN PRACER!





















No hay comentarios:
Publicar un comentario