domingo, 21 de marzo de 2021

24 de Febreiro, Día de Rosalía

 O pasado mes de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro, unha das poetas máis famosas e reivindicativas da nosa Terra. Coñecimos un pouquiño da súa vida e da súa obra e escoitamos os seus poemas cantados da man de Uxía Senlle no seu disco "Rosalía Pequeniña", cantiga que eleximos para facerlle unha pequena homenaxe polo seu día. Puxémonos mans á obra por equipos e traballamos en cooperativo para realizar un mural que quedou así de chulo e co que aprendimos moitas cousas!. 



miércoles, 10 de marzo de 2021

Aniversario de Reni 5 anos

Este martes 9 de marzo celebramos o aniversario de Reni. Estaba chea de ledicia por compartir o seu día cos compis e recordar con el@s distintos momentos dos seus primeros anos de vida. 

Moitísimos parabéns Reni... Estás feita unha moza!! 





















os