lunes, 25 de mayo de 2026

Visita a Corazón de Carballo cos padriños de 5ºEP

 O pasado xoves 21 de maio puidemos asistir a unha saída moi especial de final de etapa. Nesta ocasión fomos acompañadxs polxs nosxs padriños e madriñas lectores que levan coidándonos con tanto mimo durante estes tres aniños que estivemos en infantil.

A saída realizada foi á Granxa-escola Corazón de Carballo en Tomiño e tivemos a fortuna de que esta fora subvencionada en grande medida tanto polo programa "Vive o Rural" da Deputación de Pontevedra coma pola nosa ANPA que sempre pon o seu graniño de area para axudarnos co transporte.

Grazas a ambas organizacións por brindarnos a oportunidade de ter desfrutado dun día de granxeiros tan emocionante no que aprendimos tantas cousas!


















MOSTRA DAS CARAS DE FELICIDADE AO REMATAR ESTA EXPERIENCIA:



miércoles, 13 de mayo de 2026

ANIVERSARIO DE CÍES

 No mes de abril tamén tivemos aniversario. Esta vez tocoulle a Cíes quen quixo continuar coa temática do Camiño de Santiago endozando o noso padal!!. Por iso trouxo consigo a receita da Torta de Santiago que acollimos con tanto gusto coma sempre nesta aula de cociñeir@s!!.

Grazas ao seu papá, mamá e irmán por querer compartir este momento connosco e axudarnos tanto.

Parabéns Cíes...xa tes 6 aniños!