domingo, 30 de agosto de 2026

FINAL DE ETAPA EI 2023-2026

 Que rápido pasa o tempo, parece que foi onte cando vos acollía por primeira vez naquela aula tan grande para @s pouquiñ@s que erades e xa pasaron tres cursos marabillosos, cheos de momentos divertidos e doutros non tanto pero sempre rodeados de agarimo e ganas de aprender xuntos. Deixades unha pegada no meu corazón e un montón de recordos fantásticos, espero que sexa recíproco tamén para vós.

Moita sorte nesta nova etapa que vos espera...



lunes, 24 de agosto de 2026

ANIVERSARIO UXÍA

 E para rematar o ciclo de celebracións de aniversarios da aula o fixemos co "non aniversario" de Uxía que, como aínda cumpre os seus anos en verán fixemos unha pequena celebración na aula na que participaron o seu papá e a súa irmá Berti para ensinarnos a facer xabóns con esencias de herbas aromáticas!.




















Graciñas familia, pasámolo xenial experimentando!!. Parabéns Uxi... case, case tes 6 anos!!

ANIVERSARIO DE LUCCA

 A principios de xuño o noso compi Lucca cumpriu 6 aniños e quixo celebralo coa súa familia. Mamá, papá e Nico acompañáronnos nun día moi especial contándonos un pouquiño máis sobre as 7 herbas de San Xoán que estamos a traballar e a creación de esencias con elas!.







                                          














Moitísimas grazas familia pola vosa colaboración! PARABÉNS LUCCA!!