lunes, 4 de marzo de 2024

ANIVERSARIO DE PAU

E PARA DESPEDIR O MES DE FEBREIRO, CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAU. A PAU ENCÁNTALLE TODO O RELACIONADO COA POLICIA E A SÚA MAMI TRÓUXONOS UNHA ACTIVIDADE PARA FACER CON MATERIAL DE REFUGALLO E ASÍ COLABORAR NO PROXECTO DE AULA DE RECICLAXE... 
PARABENS PAU, XA LEVAS 4 VOLTAS AO SOL!









DÍA DE ROSALÍA, 2024:CALDO DE GLORIA

 Este curso para conmemorar o Día de Rosalía traballamos o poema de "Miña casiña, meu lar" (Follas Novas) e aprendimos a facer un delicioso Caldo de Gloria. Padriñ@s e afillad@s reuníronse na cociña para a elaboración do Caldo e posterior degustación do mesmo, ademais de traballar en conxunto o poema no que Rosalía menciona este prato tan típico con actividades moi motivadoras tanto para pequenos para maiores. Mirade que ben o pasamos!