martes, 16 de noviembre de 2021

ANIVERSARIO DE JON

 HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE JON. AGORA SÍ QUE XA TODOS TEMOS 5 ANOS!!. ESTABA EMOCIONADO DE COMPARTIR CON TOD@S O SEU DÍA E PASOUNO ASÍ DE BEN.


PARABENS JON!!












domingo, 7 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

O venres 5 de novembro, aproveitando o fermoso día que tivemos en Vincios, festexamos o Magosto do cole. Tod@s content@s, profes e nen@s, subimos ao monte do Galiñeiro para gozar das marabillosas vistas, o amplo espazo que permite movernos e xogar sen problemas e dos asaderos que teñen no seu merendero onde asamos as castañiñas que despois degustamos ben quentiñas e soubéronnos de rechupete!!

Velaquí algúns dos mellores momentos...




ANIVERSARIO NAIA

O mércores día 3 de novembro estivo a nosa benxamina de aniversario. A súa familia enviounos unhas fotiños e un video moi emotivo para poder compartir cos seus compis e o pasamos así de ben. 

Parabéns Naia, xa entras no clube dos 5 anos!!









lunes, 1 de noviembre de 2021

 A PASADA SEMANA PASAMOS UNS DÍAS MONSTRUOSAMENTE DIVERTIDOS. PARA CELEBRAR O SAMAÍN TIVEMOS RECANTOS MONSTRUOSOS, OBRADOIRO DE COCIÑA E FESTA DE DISFRACES. PARA QUE PODADES VER O BEN QUE O PASAMOS AQUÍ VOS QUEDA UNHA MOSTRA.


FELIZ SAMAÍN 2021