miércoles, 6 de abril de 2022

FELIZ PASCUA!

Xa estamos rematando este segundo trimestre que pasóusenos voando!. E para levarnos un bo sabor de boca un coelliño moi simpático quixo deixarnos uns agasallos de Pascua polo patio.... Deixounos unhas pistas e un mapa para rascar e pensar onde deberiamos buscar!.  


PASCUA 2022

Día da poesía

 O pasado día 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía e no cole decidimos celebralo ao longo de dúas semanas para poder desfrutar dalgún momento de lectura compartido cos nosos padriños e madriñas lectores/as. Preparamos un poema por equipos para leerllo a eles e tamén uns biquiños de coco para terlles un agasallo ben doce. Eles lerónnos unha recopilación de poemas (uns inventados e outros elexidos de diversos autores/as) e agasalláronnos cunha flor-poema moi colorida. 

Son poucos os momentos que estamos a ter con eles/elas aínda por mor da pandemia pero os vivimos con moita ilusión... Pouquiño a pouco iremos compartindo máis!