Mostrando entradas con la etiqueta DIA DE ROSALIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DE ROSALIA. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de marzo de 2021

24 de Febreiro, Día de Rosalía

 O pasado mes de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro, unha das poetas máis famosas e reivindicativas da nosa Terra. Coñecimos un pouquiño da súa vida e da súa obra e escoitamos os seus poemas cantados da man de Uxía Senlle no seu disco "Rosalía Pequeniña", cantiga que eleximos para facerlle unha pequena homenaxe polo seu día. Puxémonos mans á obra por equipos e traballamos en cooperativo para realizar un mural que quedou así de chulo e co que aprendimos moitas cousas!.