Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de mayo de 2022

VISITA Á GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO"

 O xoves 26 de maio puidemos desfrutar dunha saída moi especial nun entorno máxico onde nos achegamos ao mundo animal e aprendimos moitas cousas sobre algúns animais que coidan nunha granxa.

Estabamos ansiosos de ir de excursión tod@s xuntos e pasar o día comendo cos compis e coas profes. 

Por acompañar, acompañounos ata o bo tempo (quizáis con un pelín de calor de máis ) e rematamos moi cansos pero felices por vivir un día tan intenso.

Para que poidades ver o ben que o pasamos aquí vos queda a mostra...


miércoles, 16 de junio de 2021

SAÍDA A BAIONA

 E por fín fixemos saída. Non nos daba chegado o día pero ao final todos os astros alienáronse para poder gozar dun marabilloso día de excursión a Baiona, onde puidemos visitar o Museo da Navegación, a Carabela Pinta e o tan desexado parque de A Palma.

Cheos de ledicia e emoción pasamos un día xenial cos nosos compis das outras aulas de infantil. Mirade que ben o pasamos!