domingo, 29 de noviembre de 2020

DINÁMICA: A MALETA...Unha forma máis de achegarnos aos compis!

Este curso tamén queremos poñer en marcha a nosa "Maleta". Será un pelín diferente a outros cursos pero a súa esencia continúa sendo a mesma: coñecernos un pouquiño máis e facer crecer, se cabe, o noso sentimento de equipo que tanto nos gusta manter ano tras ano. 
Esta dinámica faise necesaria este curso xa que atopámonos cun curso distinto a outros, con diferentes compañeiros e compañeiras, distintas profes nalgúns casos e diferentes normas e rutinas na aula e no centro ás que, pouquiño a pouco, nos estamos a adaptar sen problema.
Temos estas últimas semanas do primeiro trimestre para participar... Animádevos!!

No seguinte enlace tedes toda a información. Graciñas unha vez máis.







miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N...Día contra a violencia de xénero....


 


Esta semana estamos a traballar arredor do tema da violencia a través de contos, xogos e cancións. É moi importante concienciar a tod@s da tolerancia cero ante calqueira tipo de violencia e, especialmente hoxe, tolerancia cero ante a violencia machista. A través da canción de "La puerta violeta" de Rozalén demos renda solta á nosa imaginación e abrimos unha porta violeta no cole.... Por máis portas violetas!!









sábado, 21 de noviembre de 2020

Día internacional da infancia

 Este ano, máis ca nunca, celebramos o día da infancia con toda a nosa ilusión!. Ilusión por estar tod@s xuntos, podendo compartir xogos e experiencias acompañados de amig@s e compis. Nestes momentos tan complicados queremos que tod@s sexan conscientes de que nós, os nen@s, estamos presentes e temos dereitos...Queremos berrar aos catro ventos:Vivan @s nen@s. Respetemos a infancia👱‍♂️🌏👱🏾‍♀️



E aquí o vídeo que grabamos dende o cole para celebrar o Día Internacional da Infancia... Espero que vos guste!                                            






domingo, 15 de noviembre de 2020

PRIMEIRO ANIVERSARIOS DO CURSO

 E nestes meses de Outubro e Novembro xa estivemos a celebrar algún que outro aniversario. Certo é que están sendo aniversarios un tanto diferentes aos que estamos acostumados pero, a verdade, é que estamos a gozar moito con eles.

O primeiro deles tocoulle a Artai quen, no mes de Outubro, cumpriu 4 aniños:



 E case que a comezos de Novembro, nesta pasada semana, tocoulles a quenda a Carlota que cumpriu 5 anos e a Yuna que cumpriu 4.


Carlota



Yuna



PARABÉNS CHIC@S! Encántanos compartir convosco estes momentos.