martes, 21 de diciembre de 2021

CHEGOU O NADAL!

Despois de prepararnos para o Nadal, por fin chegaron as vacacións... Para que poidades ver o ben que o pasamos aquí queda un vídeo... Esperamos que o pasedes fenomenal!!!

BOAS FESTAS



Padriños e Madriñas lectores

 A semana pasada tivemos unha sorpresa moi agradable na biblioteca. Os nosos padriños e madriñas lectoras quixeron lernos un conto e como facía tanto que non estabamos con eles elas foi moi emocionante. Contáronnos o conto de "Unha manchea de bicos" e agasalláronnos con bicos de cores e de sabores que nos encheron de ledicia.



domingo, 12 de diciembre de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

O venres 3 de decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Por unha banda participamos nunha coreografía a nivel de cole con todos os centros do Val Miñor en colaboración co Centro Juan María coa canción "Eso que tú me das" de Pau Danés da que podedes ver o vídeo na web do cole e por outra banda, a nivel de aula, traballamos o conto de "Bolobo" un chimpancé diferente que naceu sen brazos e ensinounos a importancia de naturalizar as discapacidades e intentar adaptarse a elas. Posteriormente intentamos facer uns cadros pintando coa boca e imaxinándonos a dificultade que teñen as persoas ás que lles faltan os brazos... Foi divertido pero tamén moi costoso...

















25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Este ano celebramos o 25N co contacontos de Maruxa, co que aprendimos que repartirse as tarefas é moito mellor e que todos e todas podemos aprender a facer as cousas... Despois de leer o conto na biblioteca cos nosos compis das outras aulas de infantil fomos  para as aulas a gozar dun obradoiro de pan no que fixemos laciños de pan. Se queredes ver o vídeo está colgado no blogue do ciclo de infantil.