martes, 29 de junio de 2021

RESUMO CURSO 2020-2021

Este curso foi, sen dúbida, un curso intenso e cheo de emocións que quedará grabado nos nosos corazóns por ser un tanto atípico e contradictorio. Tivemos que botar por terra moitos dos pilares da convivencia en grupo e nos cansamos de dicir cousas coma "mellor non compartades", "non vos abracedess", "non vos biquedes", "agora somos aula burbulla","poñede as máscaras nas caras", "non vos esquezades do xel" e un longo etcétera de frases que quedarán no noso vocabulario habitual por algún tempo. Pero a pesar de todas as novidades e contratempos atopados podemos dicir que, facendo reconto de todo o acontecido, quedámonos cos bos momentos, coas aprendizaxes que fomos adquirindo, coas novas amizades atopadas e cos momentos tan máxicos e marabillosos que nin sequera esta pandemia foi capaz de roubarnos porque o máis grande foi poder compartir experiencias c@s nos@s compis e as nosas profes un curso máis. Agora toca gozar dunhas merecidísimas vacacións e dun verán cheo de experiencias. Aquí queda un recopilatorio deste curso, mirade que ben o pasamos a pesar de todos os contratempos...
 

lunes, 28 de junio de 2021

PROXECTO DE ARTE CURSO 2020-2021

Durante este curso estivemos traballando o proxecto de centro de "Musicarte" e este último trimestre, máis ca nunca, metémonos de pleno dándolle formato e finalizando con noso Museo dos Nenos e Nenas de Infantil, orgullosísimos do noso traballo en equipo co resto das aulas dos nosos compis.

Se queredes ver cóma foi o noso traballo de aula, aquí vos vai!


domingo, 20 de junio de 2021

ANIVERSARIOS DE VERÁN

 O pasado venres celebramos os "non aniversarios" dos compis que cumpren anos durante o verán pero aos que tamén lles gusta ter ese día especial cos seus amiguiñ@s de clase. Fixemos unha demostración de cómo pasan os anos mentres a Terra xira arredor do Sol (coa nosa celebración estilo Montesori que levamos a cabo durante todo este curso) e un xogo moi divertido de adiviñar qué compi era o que aparecía na fotiño de bebé enviada pola súa familia... Pasamos un rato moi divertido e el@s supercontentos.

Parabéns por adiantado: Ainara, Anxo, Marco e Cynthia!
















miércoles, 16 de junio de 2021

SAÍDA A BAIONA

 E por fín fixemos saída. Non nos daba chegado o día pero ao final todos os astros alienáronse para poder gozar dun marabilloso día de excursión a Baiona, onde puidemos visitar o Museo da Navegación, a Carabela Pinta e o tan desexado parque de A Palma.

Cheos de ledicia e emoción pasamos un día xenial cos nosos compis das outras aulas de infantil. Mirade que ben o pasamos!



ANIVERSARIO DE LIA

 Empezamos o mes de xuño xa con celebración. Esta vez tocoulle a Lía celebrar o seu aniversario xa que o 4 de xuño cumpriu 6 añazos!. E para celebralo con tod@s @s compis a súa familia preparou uns recantos coa temática que máis lle gusta a ela, os unicornios. Máscaras, xogos, manualidades e agasallos que nos fixeron pasar un fermoso ratiño onde aprender tod@s xuntos.

Parabens Lía, estás feita toda unha mociña!