sábado, 30 de enero de 2021

Día da paz

 Hoxe,30 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Non violencia e a Paz e como este ano coincide en sábado, decidimos celebralo o venres no cole. Así que, partindo da historia do "Homiño de papel", fixemos un homiño de papel por equipos entre todos os nenos e nenas do cole. O decoramos con palabras e imaxes que transmitiran cousas fermosas e o noso mural quedou así de chulo!





                                        


E aquí vos deixo un enlace para coñecer o conto...Está contado polo alumnado do Ceip Fonte Escura e quedou así de gracioso!

👉"Homiño de papel" contado polo CEIP Fonte Escura


Aniversario de Enzo


Esta semana celebramos o aniversario de Enzo que cumpriu 5 aniños. Pasámolo moi ben e tod@s quedamos supercontent@s polo agasallo que nos trouxo feito por el mesmo... Unha pulseira para cada un de nos cos no sos nomes. Quedaron moi fermosas... Grazas Enzo, estás feito todo un homiño!! 











miércoles, 20 de enero de 2021

ANIVERSARIO DE IAGO

 Hoxe, 2o de xaneiro, celebramos o aniversario de Iago. Estaba tan ledo de facerse maior e cumprir 5 anos!. Que quixo compartilo con todos os compis explicándolles algúns momentos especiais da súa vida durante estes primeiros anos. Parabéns Iago!










sábado, 16 de enero de 2021

SACAPENAS

 Últimamente son moitas as preocupacións que nos rondan a tod@s pola cabeza así que esta semana traballamos, en Atención Educativa, un conto que nos explica cómo podemos facer para que estas preocupacións non se vaian connosco para cama. É un conto baseado nunha costume guatemalteca e que a nosa profe Irene (que agora a temos en Marrocos) contounos durante o confinamento no blogue de Librincios.

As nosas creacións propias dos nosos sacapenas quedaron así de chulas! 


 Deixo enlace do contacontos de Irene por se queredes volver a escoitalo.

 

🌍SACAPENAS







Comenzamos novo trimestre!!

Con este novo trimestre chegaron tamén novidades pola clase. Os Reis Magos trouxéronnos novos xogos e tamén cambios de equipo que os acollimos sen problema e con moita ledicia!!