Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de junio de 2022

RECOPILACIÓN ETAPA INFANTIL

Durante estes tres anos fomos crecendo xuntos, experimentando e tamén aprendendo. Aprendimos a escoitar aos demáis, a aportar as nosas opinións, a saber pedir disculpas cando era preciso, a rectificar nos momentos de erro e a intentar buscar solucións a problemas que nos ían xurdindo polo camiño.

A autonomía e búsqueda de solucións eran algúns dos nosos obxectivos principais e os temos máis que conseguidos!

Espero, no máis profundo do meu corazón, que tod@s desfrutarades destes momentos e que vos servan, no futuro, para poder seguir avanzando e logrando novos retos. Recordade sempre a importancia do traballo en equipo, porque xa sabedes que nun equipo tod@s suman e os resultados son sempre máis ricos e variados.

Aquí vos quedan pequenos momentos de aula que, espero, recordedes con tanta ledicia como o farei eu. Grazas meus pequerrech@s por dar tanta guerra e ao tempo tantas ledicias!. Noraboa a tod@s...

Bicos de cores!!