E neste mes de marzo a primavera chegou acompañada do aniversario de Noa. Qué emoción, nova estación e celebración de aniversario ao tempo!. Pero o aniversario de Noa non tivo nada que ver coa primavera senón co noso proxecto de aula... Os xogos olímpicos de inverno...
A mamá de Noa sorprendeunos a tod@s coa súa chegada en esquís e a súa vestimenta para a ocasión. O papá trouxo un photocall precioso para poder facernos fotos e tamén puidemos probar traxe da nosa talla con casco incluido.
Despois Iago (irmán de Noa) quixo baixar a lernos un conto moi especial e luminoso "Un pulpo en el tejado" que acadou a atención de tod@s. Gracias familia por querer pasar un ratiño tan divertido!!.
Parabéns Noa, pasámolo xenial!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario