O mes de febreiro rematou cheo de festexos e entre eles un moi especial. O noso divertido Pau cumpriu 5 anos e para celebralo tivemos a visita da súa avoa que quixo contarnos un entretido conto de dinosaurios que a todos nos encantou.
Pau deu as cinco voltas ao redor do sol contándonos as súas andainas durante estes primeros anos da súa vida. Despois quixo agasallar aos seus compis cuns tatoos e unhas pegatinas de dinosarios para que cada quen puidera crear os formatos que máis lle gustaran.
@s seus compañeiro@s tamén quixeron agasallalo con aportacións ben bonitas na súa silueta expresando o que coñecen sobre Pau.
Parabéns Pau... xa es todo un maior!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario