martes, 21 de diciembre de 2021
CHEGOU O NADAL!
Padriños e Madriñas lectores
A semana pasada tivemos unha sorpresa moi agradable na biblioteca. Os nosos padriños e madriñas lectoras quixeron lernos un conto e como facía tanto que non estabamos con eles elas foi moi emocionante. Contáronnos o conto de "Unha manchea de bicos" e agasalláronnos con bicos de cores e de sabores que nos encheron de ledicia.
domingo, 12 de diciembre de 2021
3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE
25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este ano celebramos o 25N co contacontos de Maruxa, co que aprendimos que repartirse as tarefas é moito mellor e que todos e todas podemos aprender a facer as cousas... Despois de leer o conto na biblioteca cos nosos compis das outras aulas de infantil fomos para as aulas a gozar dun obradoiro de pan no que fixemos laciños de pan. Se queredes ver o vídeo está colgado no blogue do ciclo de infantil.
domingo, 21 de noviembre de 2021
martes, 16 de noviembre de 2021
ANIVERSARIO DE JON
HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE JON. AGORA SÍ QUE XA TODOS TEMOS 5 ANOS!!. ESTABA EMOCIONADO DE COMPARTIR CON TOD@S O SEU DÍA E PASOUNO ASÍ DE BEN.
PARABENS JON!!
domingo, 7 de noviembre de 2021
MAGOSTO 2021
O venres 5 de novembro, aproveitando o fermoso día que tivemos en Vincios, festexamos o Magosto do cole. Tod@s content@s, profes e nen@s, subimos ao monte do Galiñeiro para gozar das marabillosas vistas, o amplo espazo que permite movernos e xogar sen problemas e dos asaderos que teñen no seu merendero onde asamos as castañiñas que despois degustamos ben quentiñas e soubéronnos de rechupete!!
Velaquí algúns dos mellores momentos...






