domingo, 12 de diciembre de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

O venres 3 de decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Por unha banda participamos nunha coreografía a nivel de cole con todos os centros do Val Miñor en colaboración co Centro Juan María coa canción "Eso que tú me das" de Pau Danés da que podedes ver o vídeo na web do cole e por outra banda, a nivel de aula, traballamos o conto de "Bolobo" un chimpancé diferente que naceu sen brazos e ensinounos a importancia de naturalizar as discapacidades e intentar adaptarse a elas. Posteriormente intentamos facer uns cadros pintando coa boca e imaxinándonos a dificultade que teñen as persoas ás que lles faltan os brazos... Foi divertido pero tamén moi costoso...

















No hay comentarios:

Publicar un comentario