domingo, 30 de enero de 2022

DIA INTERNACIONAL DA PAZ

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO O DÍA DA PAZ A TRAVÉS DO CONTO "A MELLOR SOPA DO MUNDO"...FIXEMOS XOGOS, MANIPULAMOS ALIMENTOS, TRABALLAMOS CO ESCORNABOT, PENSAMOS NUNHA RECEITA MÁXICA QUE NOS PROPORCIONARA PAZ ... E TODO DO MELLOR XEITO... COOPERANDO EN EQUIPO...

ESTE FOI O RESULTADO, A VER QUE VOS PARECE!






E POR SE QUEREDES APRENDER OS SIGNOS DA CANCIÓN EN LSE, CLICADE NO SEGUINTE ENLACE: 

                                   👉    A MELLOR SOPA DO MUNDO 

viernes, 28 de enero de 2022

ANIVERSARIO DE ENZO

 HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DO SEGUNDO MAIOR DA CLASE, ENZO, QUE XA TEN 6 AÑAZOS!! DESFRUTAMOS TODOS DA SÚAS FOTOS E ENCANTOUNOS O AGASALLO ARTESANAL QUE NOS TROUXO.

PARABÉNS ENZO!









domingo, 23 de enero de 2022

ANIVERSARIO IAGO

COMEZAMOS O ESTE SEGUNDO TRIMESTRE CON CELEBRACIÓNS. ESTA VEZ TOCOULLE AO MAIOR DA CLASE, IAGO, QUE CUMPLIU 6 AÑAZOS... MADRE MÍA, CÓMO CRECEN ESTES PEQUES. COMA EN TODOS OS ANIVERSARIOS DA AULA PRIMEIRO ANIMÁMOLO A RODAR 6 VOLTAS AO ARREDOR DO SOL PARA QUE NOS FORA EXPLICANDO COUSIÑAS DESTES SEIS PRIMEIROS ANOS DE VIDA E POSTERIORMENTE VISIONAMOS UN PRECIOSO VIDEO QUE ENVIOU A SÚA FAMILIA.


 PARABÉNS IAGO!












martes, 21 de diciembre de 2021

CHEGOU O NADAL!

Despois de prepararnos para o Nadal, por fin chegaron as vacacións... Para que poidades ver o ben que o pasamos aquí queda un vídeo... Esperamos que o pasedes fenomenal!!!

BOAS FESTAS



Padriños e Madriñas lectores

 A semana pasada tivemos unha sorpresa moi agradable na biblioteca. Os nosos padriños e madriñas lectoras quixeron lernos un conto e como facía tanto que non estabamos con eles elas foi moi emocionante. Contáronnos o conto de "Unha manchea de bicos" e agasalláronnos con bicos de cores e de sabores que nos encheron de ledicia.



domingo, 12 de diciembre de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

O venres 3 de decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Por unha banda participamos nunha coreografía a nivel de cole con todos os centros do Val Miñor en colaboración co Centro Juan María coa canción "Eso que tú me das" de Pau Danés da que podedes ver o vídeo na web do cole e por outra banda, a nivel de aula, traballamos o conto de "Bolobo" un chimpancé diferente que naceu sen brazos e ensinounos a importancia de naturalizar as discapacidades e intentar adaptarse a elas. Posteriormente intentamos facer uns cadros pintando coa boca e imaxinándonos a dificultade que teñen as persoas ás que lles faltan os brazos... Foi divertido pero tamén moi costoso...

















25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Este ano celebramos o 25N co contacontos de Maruxa, co que aprendimos que repartirse as tarefas é moito mellor e que todos e todas podemos aprender a facer as cousas... Despois de leer o conto na biblioteca cos nosos compis das outras aulas de infantil fomos  para as aulas a gozar dun obradoiro de pan no que fixemos laciños de pan. Se queredes ver o vídeo está colgado no blogue do ciclo de infantil.