lunes, 25 de mayo de 2026

Visita a Corazón de Carballo cos padriños de 5ºEP

 O pasado xoves 21 de maio puidemos asistir a unha saída moi especial de final de etapa. Nesta ocasión fomos acompañadxs polxs nosxs padriños e madriñas lectores que levan coidándonos con tanto mimo durante estes tres aniños que estivemos en infantil.

A saída realizada foi á Granxa-escola Corazón de Carballo en Tomiño e tivemos a fortuna de que esta fora subvencionada en grande medida tanto polo programa "Vive o Rural" da Deputación de Pontevedra coma pola nosa ANPA que sempre pon o seu graniño de area para axudarnos co transporte.

Grazas a ambas organizacións por brindarnos a oportunidade de ter desfrutado dun día de granxeiros tan emocionante no que aprendimos tantas cousas!


















MOSTRA DAS CARAS DE FELICIDADE AO REMATAR ESTA EXPERIENCIA:



No hay comentarios:

Publicar un comentario