miércoles, 18 de febrero de 2026

ANIVERSARIO MATEO

 Comezamos o ano celebrando o aniversario de Mateo, o máis maior da clase!. Como é costume fixemos a dinámica da Silueta onde reflexionamos e debuxamos cousas que sabemos sobre Mateo e os seus gustos e preferencias, despois acompañámolo para que dera as 6 voltas ao sol mentres compartimos momentos especiais da súa vida e por último comimos tod@s xunt@s un biscoito delicioso despois de soprar as velas.

Parabéns Mateo!!
















domingo, 30 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO DE MAIKEL

 E con Maikel rematamos o ciclo de aniversarios deste ano 2025. Agora xa todos temos 5 anos!!. 

A mamá de Maikel quixo acompañarnos contándonos un bonito conto, axudando a Maikel a dar as voltas ao sol  e despois compartir unha merendola con biscoito.

Grazas familias por estar sempre dispostas a pasar un feliz día c@s vos@s peques. Encántannos tervos na clase.










PARABÉNS MAIKEL!!

domingo, 23 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO ENZO

 A finais de setembro novo aniversario na aula. Esta vez tocoulle o turno a Enzo que en compañía da súa nai e do seu pai ensinounos a facer unha cara moi divertida con luvas de goma. Encantounos a actividade!.

Compartimos o momento da "Silueta" para adicarlle uns debuxos feitos con moito agarimo polos seus compañeirxs.








Tamén deu as xa coñecidas "Voltas ao Sol" mentres amosaba unha foto de cada momento especial dos seus 5 aniños de vida.



 


 E por último, merendola en conxunto e soprado de velas cos compis. 


Parabéns Enzo. Xa tes 5 añazos!!



lunes, 15 de septiembre de 2025

ANIVERSARIO DE OLIVIA

 Damos comezo a un novo curso cargadiños de enerxía e ilusión. E para dar o pistoletazo inicial de aniversarios aquí temos a Olivia que cumpriu 5 aniños o día 15 de setembro e quixo celebralo cos/coas compis en compañía da súa avoa Pilar que nos contou  "Cocorico" e  tróuxonos un biscoito igualiño que o do conto que estaba delicioso...ummmm....

Grazas familia. Coma sempre, un pracer tervos na aula!

PARABENS OLIVIA...qué maior eres!!













domingo, 29 de junio de 2025

RECOPILATORIO DE CURSO

E PARA REMATAR UN CURSO MOI DIVERTIDO, ANIMADO E CHEO DE VIVENCIAS, AQUÍ DEIXO UN RECOPILATORIO DE ALGÚNS MOMENTOS DE AULA QUE MOSTRAN A CANTIDADE DE ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E O BEN QUE NOLO PASAMOS. 

BO VERÁN FAMILIAS. APERTAS FORTES_:     

                                                                     CURSO: 2024_2025!

CUMPLE UXIA

 PARA FINALIZAR O CURSO CELEBRAMOS O "CASI ANIVERSARIO" DE UXÍA, QUEN NON QUERÍA DEIXAR DE DESFRUTAR DUN TEMPO COA SÚA FAMILIA NA AULA PARA COMPARTIR CON TODOS OS SEUS COMPIS A LECTURA DUN CONTO E A REALIZACIÓN DUNHA MANUALIDADE. O SEU PAPI AGASALLOUNOS CUNHA VISITA MOI ESPECIAL QUE FÍXONOS VIAXAR A OUTRO PLANETA.