jueves, 19 de diciembre de 2024

domingo, 1 de diciembre de 2024

ANIVERSARIO MAIKEL

No mes de Novembro tivemos de aniversario a Maikel  que xa cumpriu tamén 4 aniños. Agora sí estamos todos con 4!. A súa mamá quixo compartir connosco un conto que lles gusta moito e trata sobre a diversidade e a importancia do respecto aos demáis... Lolo e Rita "quérense case sempre" e aínda que as veces as súas diferencias fágannos enfadar saben cómo facer para poder ceder e poñerse un pouquiño na pel do seu amig@.




Despois fixemos a súa silueta para poder agasallarlle con fermosas palabras e lindos debuxos sobre o que màis lle gusta a Maikel e compartimos as súas 4 voltas ao arredor do Sol.













Grazas mami e compis por compartir este ratiño que nos fixo sentir tan especial!.

PARABÉNS MAIKEL



lunes, 4 de noviembre de 2024

SAMAÍN NO COLE

 A finais do mes pasado celebramos o Samaín no cole. Pantasmas, cabazas, apócemas máxicas...todo a punto para festexar unha das festas máis monstruosas do curso...Velaquí unha pequena mostra...



martes, 15 de octubre de 2024

Aniversario Enzo

 E Enzo tamén estivo de aniversario a finais do mes de outubro!!. A súa familia quixo vir a celebralo ao cole con nós traendo unha actividade moi divertida que despois levamos para xogar na casa. Fixemos a súa silueta entre todos, axudámoslle a decorar a súa coroa, cantámoslle para dar as voltas ao sol e desfrutamos dun riquísimo biscoito. Moitos parabens Enzo e moitísimas grazas familia!!







domingo, 22 de septiembre de 2024

Aniversario de Olivia

E recén empezado o curso xa andamos de festa. Esta vez o aniversario de Olivia que cumpliu 4 aniños e a súa mami quixo vir a ensinarnos cómo facer peonzas con vasiños de papel e paus de brochetas. Cada quen decorouno como máis lle gustou e leváronnos para a súa casa tod@s content@s!!. 

Graciñas Laura e moitos parabéns a Olivia.
























Benvidos ao curso...xa estamos en 4 anos!!

 O curso comezou fai apenas semana e media e xa estamos collendo ritmo pouquiño a poco. A ilusión por voltar a ver a amig@s e profes, o cambio de clase e os xogos no marabilloso patio que temos son algunhas das cousas máis reseñables para facer un resumo destes días.




XOGOS NOS RECANTOS: 










RECEITAS:






TRABALLOS EN EQUIPO:




PROPOSTAS DE TRABALLO:




XOGOS NO PATIO: 















lunes, 10 de junio de 2024

ANIVERSARIO DE LUCCA E UXÍA

 NESTA RECTA FINAL DE CURSO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE LUCCA QUE CUMPRIU ANOS O 2 DE XUÑO E TAMÉN O ANIVERSARIO DE UXÍA QUE COINCIDE NO MES DE AGOSTO E NON ESTAMOS NO COLE.  AS FAMILIAS QUIXERON ACOMPAÑARNOS FESTEXÁNDOOS NA AULA E DEIXANDO O SEU GRANIÑO DE AREA PARA INCIDIR NA IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE CON DOUS CONTOS MOI ATRACTIVOS PARA OS PEQUES E QUE POÑEN EN VALOR O COIDADO DO PLANETA COMO COLOFÓN FINAL DO NOSO PROXECTO DE AULA DESTE CURSO...

A NAI DE LUCCA LEUNOS O CONTO DE "RA DE TRES OLLOS" E ENSINOUNOS A ELABORAR  UN XOGO CON MATERIAL DE REFUGALLO:








E FINALMENTE ACOMPAÑOU A LUCCA NAS SÚAS 4 VOLTAS AO REDOR DO SOL E TROUXO UN BISCOITO DELICIOSO PARA COMPARTIR COS COMPIS DA AULA.







E A FAMILIA DE UXÍA CONTOUNOS A HISTORIA DE "LA BALLENA LLENA" E O SEU PROBLEMA COS PLÁSTICOS QUE SE VERTEN DIARIAMENTE NO MAR...





E LEVARON A CABO UNHA PROPOSTA MOI DOCE DE ELABORACIÓN DE GALLETAS QUE TANTO NOS GUSTAN





E FINALMENTE TAMÉN ACOMPAÑARON A UXÍA NAS SÚAS VOLTAS AO SOL E MERENDOLA POSTERIOR...







MOITÍSIMAS GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS NESTES MOMENTOS TAN ESPECIAIS PARA OS PEQUES. ENCANTADOS DE TERVOS DE VISITA POLA AULA!!