domingo, 19 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE MAIKEL

O pasado 17 de novembro, para dar por concluída a semana, festexamos o aniversario de Maikel, o máis pequerrecho da aula!. Agora xa tod@s temos 3 anos!! 
A súa mamá quixo acompañarnos para dar as voltas ao sol con Maikel e agasallarnos coa lectura dun dos contos que máis nos gustan na clase "O monstro de cores". Moitas grazas por compartir momentos tan importantes para os peques. Pasámolo fenomenal!








miércoles, 1 de noviembre de 2023

miércoles, 25 de octubre de 2023

IMOS CONTAR UN CONTO

 E durante estos dous primeiros meses de curso os contos están sendo os nosos compañeiros de aprendizaxe e de aventuras nas propostas da aula. Con eles aprendemos a escoitar, a atender, a imaxinar historias e a recrear vivencias... Aquí vos deixo unha pequena mostra para que o poidades comprobar...


lunes, 9 de octubre de 2023

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

En setembro dous dos nosos peques cumpriron anos e comezaron a rutina de aniversario tipo Montessori que faremos ao longo do curso onde, eles (a Terra), dan tantas voltas ao sol como anos cumpren. Parabéns Olivia e Enzo e felices tres voltas ao Sol. 
Mamis, graciñas por compartir connosco un día tan emotivo e tan importante para eles!



OLIVIA:






ENZO:




lunes, 25 de septiembre de 2023

PERÍODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023_2024

 Nestas primeiras semanas de curso deunos tempo a facer unha morea de cousiñas divertidas, de coñecernos un pouquiño, de investigar os recantos da aula, de coñecer a outr@s profes e compis de cole e de desfrutar dos momentos de xogo máis enriquecedores no noso marabilloso patio. Mirade que ben estámolo pasar...

domingo, 19 de junio de 2022

ANIVERSARIOS DE VERÁN

 E para @s nen@s que cumpren anos durante o verán fixemos unha celebración diferente pero especial a través do xogo "quen é este bebé". A verdade é que rimos moito xa que algún/algunha non se recoñecía nin el/a mesmo/a...Para finalizar fixemos unha roda todos xuntos simulando o xiro da terra ao arredor do sol... aquí van algunhas fotiños.










miércoles, 15 de junio de 2022

RECOPILACIÓN ETAPA INFANTIL

Durante estes tres anos fomos crecendo xuntos, experimentando e tamén aprendendo. Aprendimos a escoitar aos demáis, a aportar as nosas opinións, a saber pedir disculpas cando era preciso, a rectificar nos momentos de erro e a intentar buscar solucións a problemas que nos ían xurdindo polo camiño.

A autonomía e búsqueda de solucións eran algúns dos nosos obxectivos principais e os temos máis que conseguidos!

Espero, no máis profundo do meu corazón, que tod@s desfrutarades destes momentos e que vos servan, no futuro, para poder seguir avanzando e logrando novos retos. Recordade sempre a importancia do traballo en equipo, porque xa sabedes que nun equipo tod@s suman e os resultados son sempre máis ricos e variados.

Aquí vos quedan pequenos momentos de aula que, espero, recordedes con tanta ledicia como o farei eu. Grazas meus pequerrech@s por dar tanta guerra e ao tempo tantas ledicias!. Noraboa a tod@s...

Bicos de cores!!