E para @s nen@s que cumpren anos durante o verán fixemos unha celebración diferente pero especial a través do xogo "quen é este bebé". A verdade é que rimos moito xa que algún/algunha non se recoñecía nin el/a mesmo/a...Para finalizar fixemos unha roda todos xuntos simulando o xiro da terra ao arredor do sol... aquí van algunhas fotiños.
domingo, 19 de junio de 2022
miércoles, 15 de junio de 2022
RECOPILACIÓN ETAPA INFANTIL
Durante estes tres anos fomos crecendo xuntos, experimentando e tamén aprendendo. Aprendimos a escoitar aos demáis, a aportar as nosas opinións, a saber pedir disculpas cando era preciso, a rectificar nos momentos de erro e a intentar buscar solucións a problemas que nos ían xurdindo polo camiño.
A autonomía e búsqueda de solucións eran algúns dos nosos obxectivos principais e os temos máis que conseguidos!
Espero, no máis profundo do meu corazón, que tod@s desfrutarades destes momentos e que vos servan, no futuro, para poder seguir avanzando e logrando novos retos. Recordade sempre a importancia do traballo en equipo, porque xa sabedes que nun equipo tod@s suman e os resultados son sempre máis ricos e variados.
Aquí vos quedan pequenos momentos de aula que, espero, recordedes con tanta ledicia como o farei eu. Grazas meus pequerrech@s por dar tanta guerra e ao tempo tantas ledicias!. Noraboa a tod@s...
Bicos de cores!!
lunes, 13 de junio de 2022
A HORTA DE SIMON
@S NENOS E NENAS DE 5 ANOS QUIXERON REALIZAR UN CONTACONTOS PARA OS SEUS COMPIS DE INFANTIL. LEVABAN TRABALLANDO NEL MOITO TEMPO (DENDE O DÍA DO LIBRO) E PUXÉRONLLE MOITO AGARIMO. A RECEITA: RESPECTO, AXUDA, CARIÑO E TRABALLO EN EQUIPO... MIRADE QUE CHULO LLES QUEDOU, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
domingo, 5 de junio de 2022
ANIVERSARIO NAIRA
E PARA REMATAR MAIO FESTEXANDO A SEMANA PASADA CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE NAIRA QUE SE SUMA AOS MAIORES DA CLASE CUMPRINDO 6 AÑAZOS.
NAIRA CONTOUNOS CON MOITO DETALLE TODAS AS FOTIÑOS QUE TROUXO NUN LIBRO FEITO POR ELA PARA ENSINARNOS E AGASALLOUNOS CUN XOGO QUE NOS ENCANTOU A TOD@S.
PARABÉNS NAIRA... QUE SEXAS MOI FELIZ!
jueves, 26 de mayo de 2022
VISITA Á GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO"
O xoves 26 de maio puidemos desfrutar dunha saída moi especial nun entorno máxico onde nos achegamos ao mundo animal e aprendimos moitas cousas sobre algúns animais que coidan nunha granxa.
Estabamos ansiosos de ir de excursión tod@s xuntos e pasar o día comendo cos compis e coas profes.
Por acompañar, acompañounos ata o bo tempo (quizáis con un pelín de calor de máis ) e rematamos moi cansos pero felices por vivir un día tan intenso.
Para que poidades ver o ben que o pasamos aquí vos queda a mostra...
lunes, 9 de mayo de 2022
ANIVERSARIOS BERTILA E LEIRE
E PARA DAR COMEZO AO MES DE MAIO, FACÉMOLO CON CELEBRACIÓNS DE ANIVERSARIOS. DÚAS NENAS DA AULA NACERON MOI CERQUIÑA UNHA DA OUTRA E CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS XUNTOS!.
PARABÉNS BERTILA E LEIRE, SODES TODAS UNHAS CHICAS!
jueves, 5 de mayo de 2022
LECTURAS NO PATIO
ESTE ANO CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO CON LECTURAS NO PATIO, DESFRUTANDO DO BO TEMPO E DA COMPAÑÍA DOS NOSOS PADRIÑOS...











































