XA ESTAMOS CASE PREPARADOS PARA COMEZAR A COMPARTIR MOMENTOS DE XOGO, RISAS E APRENDIZAXES XUNTOS... DESPOIS DESTE TEMPO MÁXICO DE RECARGA DE ENERXÍA EMPEZAREMOS CON TODAS AS NOSAS GANAS O SEGUNDO TRIMESTRE... DESEXARVOS UN MOI FELIZ 2024 ESPERANDO QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE VEXAN CUMPRIDOS!
jueves, 4 de enero de 2024
domingo, 3 de diciembre de 2023
3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Esta semana, para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, a profe Cris agasallounos cun fermoso conto. "Pájaro Amarillo", de Olga de Dios.
Se queredes escoitalo, mostramosvos un enlace onde poderedes facelo...
CONTOS E MÁIS CONTOS NO TRABALLO DA AULA
Continuamos acompañando as nosas aprendizaxes da man dos contos xa que nos encantan e facilitan a introdución de conceptos novos na aula para poder investigar e compartir experiencias...
domingo, 19 de noviembre de 2023
ANIVERSARIO DE MAIKEL
O pasado 17 de novembro, para dar por concluída a semana, festexamos o aniversario de Maikel, o máis pequerrecho da aula!. Agora xa tod@s temos 3 anos!!
A súa mamá quixo acompañarnos para dar as voltas ao sol con Maikel e agasallarnos coa lectura dun dos contos que máis nos gustan na clase "O monstro de cores".
Moitas grazas por compartir momentos tan importantes para os peques. Pasámolo fenomenal!
miércoles, 25 de octubre de 2023
IMOS CONTAR UN CONTO
E durante estos dous primeiros meses de curso os contos están sendo os nosos compañeiros de aprendizaxe e de aventuras nas propostas da aula. Con eles aprendemos a escoitar, a atender, a imaxinar historias e a recrear vivencias... Aquí vos deixo unha pequena mostra para que o poidades comprobar...
lunes, 9 de octubre de 2023
ANIVERSARIOS DE SETEMBRO
En setembro dous dos nosos peques cumpriron anos e comezaron a rutina de aniversario tipo Montessori que faremos ao longo do curso onde, eles (a Terra), dan tantas voltas ao sol como anos cumpren. Parabéns Olivia e Enzo e felices tres voltas ao Sol.
Mamis, graciñas por compartir connosco un día tan emotivo e tan importante para eles!
OLIVIA:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















