domingo, 30 de marzo de 2025

ANIVERSARIO DE XOÁN

 E tamén en marzo estivo Xoán de aniversario. Continuamos aportando ideas e experiencias sobre o proxecto para festexar outro aniversario olímpico, esta vez o papá de Xoán trouxo un conto moi especial no que os protagonistas eramos nin máis nin menos que nós mesmos! Qué ilusión vernos dentro do conto e qué divertido... Nel buscamos fotos nosas, nomes e tamén deportes de inverno.

Despois experimentamos cunha das actividades que máis nos gusta facer na aula... cociñar!. Fixemos a masa das tortiñas olímpicas por equipos e quedaron así de chulas e riquísimas. Grazas tamén a tí mami que nos axudaste tanto a rematar a tarefa.

Parabéns Xoán...xa eres un maior!!



















ANIVERSARIO NOA

 E neste mes de marzo a primavera chegou acompañada do aniversario de Noa. Qué emoción, nova estación e celebración de aniversario ao tempo!. Pero o aniversario de Noa non tivo nada que ver coa primavera senón co noso proxecto de aula... Os xogos olímpicos de inverno...

A mamá de Noa sorprendeunos a tod@s coa súa chegada en esquís  e a súa vestimenta para a ocasión. O papá trouxo un photocall precioso para poder facernos fotos e tamén puidemos probar traxe da nosa talla con casco incluido.

Despois Iago (irmán de Noa) quixo baixar a lernos un conto moi especial e luminoso "Un pulpo en el tejado" que acadou a atención de tod@s. Gracias familia por querer pasar un ratiño tan divertido!!.

Parabéns Noa, pasámolo xenial!!















lunes, 10 de marzo de 2025

ANIVERSARIO DE PAU

 O mes de febreiro rematou cheo de festexos e entre eles un moi especial. O noso divertido Pau cumpriu 5 anos e para celebralo tivemos a visita da súa avoa que quixo contarnos un entretido conto de dinosaurios que a todos nos encantou.

Pau deu as cinco voltas ao redor do sol contándonos as súas andainas durante estes primeros anos da súa vida. Despois quixo agasallar aos seus compis cuns tatoos e unhas pegatinas de dinosarios para que cada quen puidera crear os formatos que máis lle gustaran. 

@s seus compañeiro@s tamén quixeron agasallalo con aportacións ben bonitas na súa silueta expresando o que coñecen sobre Pau.

Parabéns Pau... xa es todo un maior!.