jueves, 26 de mayo de 2022

VISITA Á GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO"

 O xoves 26 de maio puidemos desfrutar dunha saída moi especial nun entorno máxico onde nos achegamos ao mundo animal e aprendimos moitas cousas sobre algúns animais que coidan nunha granxa.

Estabamos ansiosos de ir de excursión tod@s xuntos e pasar o día comendo cos compis e coas profes. 

Por acompañar, acompañounos ata o bo tempo (quizáis con un pelín de calor de máis ) e rematamos moi cansos pero felices por vivir un día tan intenso.

Para que poidades ver o ben que o pasamos aquí vos queda a mostra...


lunes, 9 de mayo de 2022

ANIVERSARIOS BERTILA E LEIRE

E PARA DAR COMEZO AO MES DE MAIO, FACÉMOLO CON CELEBRACIÓNS DE ANIVERSARIOS. DÚAS NENAS DA AULA NACERON MOI CERQUIÑA UNHA DA OUTRA E CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS XUNTOS!. 

PARABÉNS BERTILA E LEIRE, SODES TODAS UNHAS CHICAS!



                                      











 

jueves, 5 de mayo de 2022

LECTURAS NO PATIO

 ESTE ANO CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO CON LECTURAS NO PATIO, DESFRUTANDO DO BO TEMPO E DA COMPAÑÍA DOS NOSOS PADRIÑOS...



















miércoles, 6 de abril de 2022

FELIZ PASCUA!

Xa estamos rematando este segundo trimestre que pasóusenos voando!. E para levarnos un bo sabor de boca un coelliño moi simpático quixo deixarnos uns agasallos de Pascua polo patio.... Deixounos unhas pistas e un mapa para rascar e pensar onde deberiamos buscar!.  


PASCUA 2022

Día da poesía

 O pasado día 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía e no cole decidimos celebralo ao longo de dúas semanas para poder desfrutar dalgún momento de lectura compartido cos nosos padriños e madriñas lectores/as. Preparamos un poema por equipos para leerllo a eles e tamén uns biquiños de coco para terlles un agasallo ben doce. Eles lerónnos unha recopilación de poemas (uns inventados e outros elexidos de diversos autores/as) e agasalláronnos cunha flor-poema moi colorida. 

Son poucos os momentos que estamos a ter con eles/elas aínda por mor da pandemia pero os vivimos con moita ilusión... Pouquiño a pouco iremos compartindo máis!

















                                       



domingo, 13 de marzo de 2022

ANIVERSARIO DE RENI

 ESTA SEMANA FOI SEMANIÑA DE CELEBRACIÓNS: SEMANA DA PRENSA, DÍA DA MULLER TRABALLADORA E, FINALMENTE, ANIVERSARIO DE RENI QUE ENTRA NO CLUBE DOS 6 ANIÑOS...ESTES FORON ALGÚNS MOMENTOS DA SÚA CELEBRACIÓN NA AULA.

PARABENS RENI!!














martes, 15 de febrero de 2022

ANIVERSARIO TIAGO

COMEZAMOS A SEMANA CON NOVA CELEBRACIÓN, O ANIVERSARIO DE TIAGO, QUE SE UNE AO CLUBE DOS 6 ANOS. AQUÍ DEIXO ALGÚNS DOS MOMENTOS VIVIDOS NO SEU PERCORRIDO AO ARREDOR DO SOL...

PARABÉNS TIAGO!!