domingo, 22 de septiembre de 2024

Aniversario de Olivia

E recén empezado o curso xa andamos de festa. Esta vez o aniversario de Olivia que cumpliu 4 aniños e a súa mami quixo vir a ensinarnos cómo facer peonzas con vasiños de papel e paus de brochetas. Cada quen decorouno como máis lle gustou e leváronnos para a súa casa tod@s content@s!!. 

Graciñas Laura e moitos parabéns a Olivia.
























Benvidos ao curso...xa estamos en 4 anos!!

 O curso comezou fai apenas semana e media e xa estamos collendo ritmo pouquiño a poco. A ilusión por voltar a ver a amig@s e profes, o cambio de clase e os xogos no marabilloso patio que temos son algunhas das cousas máis reseñables para facer un resumo destes días.




XOGOS NOS RECANTOS: 










RECEITAS:






TRABALLOS EN EQUIPO:




PROPOSTAS DE TRABALLO:




XOGOS NO PATIO: 















lunes, 10 de junio de 2024

ANIVERSARIO DE LUCCA E UXÍA

 NESTA RECTA FINAL DE CURSO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE LUCCA QUE CUMPRIU ANOS O 2 DE XUÑO E TAMÉN O ANIVERSARIO DE UXÍA QUE COINCIDE NO MES DE AGOSTO E NON ESTAMOS NO COLE.  AS FAMILIAS QUIXERON ACOMPAÑARNOS FESTEXÁNDOOS NA AULA E DEIXANDO O SEU GRANIÑO DE AREA PARA INCIDIR NA IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE CON DOUS CONTOS MOI ATRACTIVOS PARA OS PEQUES E QUE POÑEN EN VALOR O COIDADO DO PLANETA COMO COLOFÓN FINAL DO NOSO PROXECTO DE AULA DESTE CURSO...

A NAI DE LUCCA LEUNOS O CONTO DE "RA DE TRES OLLOS" E ENSINOUNOS A ELABORAR  UN XOGO CON MATERIAL DE REFUGALLO:








E FINALMENTE ACOMPAÑOU A LUCCA NAS SÚAS 4 VOLTAS AO REDOR DO SOL E TROUXO UN BISCOITO DELICIOSO PARA COMPARTIR COS COMPIS DA AULA.







E A FAMILIA DE UXÍA CONTOUNOS A HISTORIA DE "LA BALLENA LLENA" E O SEU PROBLEMA COS PLÁSTICOS QUE SE VERTEN DIARIAMENTE NO MAR...





E LEVARON A CABO UNHA PROPOSTA MOI DOCE DE ELABORACIÓN DE GALLETAS QUE TANTO NOS GUSTAN





E FINALMENTE TAMÉN ACOMPAÑARON A UXÍA NAS SÚAS VOLTAS AO SOL E MERENDOLA POSTERIOR...







MOITÍSIMAS GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS NESTES MOMENTOS TAN ESPECIAIS PARA OS PEQUES. ENCANTADOS DE TERVOS DE VISITA POLA AULA!!









miércoles, 15 de mayo de 2024

15 DE MAIO. DÍA DA FAMILIA

 Esta semaniña levamos preparando con moito agarimo o Día da Familia, un día que dá cabida a todos os tipos de familias que existen e no que poden apreciarse os lazos que nos unen cos nosos seres máis queridos. Dende a aula traballamos coas fotos das nosas familias intentando formar unha grande árbore xenealóxica onde ubicamos a mamás, papás, irmás, irmáns, avós, avoas, tíos, tías, curmáns....Ademáis sacamos a nosa vena artística unha vez máis para levarmos para casiña un agasallo especial para as nosas familias. Esperamos que a todas as familias lles gustara xa que nos fomos moi ilusionados cos nosos lienzos  para casiña.