lunes, 4 de marzo de 2024
ANIVERSARIO DE PAU
DÍA DE ROSALÍA, 2024:CALDO DE GLORIA
Este curso para conmemorar o Día de Rosalía traballamos o poema de "Miña casiña, meu lar" (Follas Novas) e aprendimos a facer un delicioso Caldo de Gloria. Padriñ@s e afillad@s reuníronse na cociña para a elaboración do Caldo e posterior degustación do mesmo, ademais de traballar en conxunto o poema no que Rosalía menciona este prato tan típico con actividades moi motivadoras tanto para pequenos para maiores. Mirade que ben o pasamos!
viernes, 9 de febrero de 2024
BO ENTROIDO!
Este venres 9 de febreiro celebramos o entroido no cole. Pese ao mal tempo pasámolo xenial e gozamos dunha festa na compaña do resto dos compis do cole e das nosas familias... Aquí está a Patrulla Planeta, superheroes da reciclaxe. Bo entroido para tod@s!
domingo, 14 de enero de 2024
ANIVERSARIO DE MATEO
E RECIÉN EMPEZADO O ANO 2024 COMEZAMOS XA FESTEXANDO ANIVERSARIOS. ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A MATEO QUE É O PRIMEIRO EN CUMPRIR 4 ANIÑOS .
MATEO DEU AS SÚAS 4 VOLTAS AO REDOR DO SOL E ENSINOUNOS CÓMO FOI PASANDO O TEMPO NESTES CATRO ANOS.
DESPOIS SOPRAMOS VELIÑA E DEGUSTAMOS UNHA DELICIOSA TORTA DURANTE O ALMORZO.
PARABÉNS MATEO POR ESES 4 ANOS!
jueves, 4 de enero de 2024
BENVIDO 2024
XA ESTAMOS CASE PREPARADOS PARA COMEZAR A COMPARTIR MOMENTOS DE XOGO, RISAS E APRENDIZAXES XUNTOS... DESPOIS DESTE TEMPO MÁXICO DE RECARGA DE ENERXÍA EMPEZAREMOS CON TODAS AS NOSAS GANAS O SEGUNDO TRIMESTRE... DESEXARVOS UN MOI FELIZ 2024 ESPERANDO QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE VEXAN CUMPRIDOS!
domingo, 3 de diciembre de 2023
3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
CONTOS E MÁIS CONTOS NO TRABALLO DA AULA
Continuamos acompañando as nosas aprendizaxes da man dos contos xa que nos encantan e facilitan a introdución de conceptos novos na aula para poder investigar e compartir experiencias...























