viernes, 9 de febrero de 2024

BO ENTROIDO!

 Este venres 9 de febreiro celebramos o entroido no cole. Pese ao mal tempo pasámolo xenial e gozamos dunha festa na compaña do resto dos compis do cole e das nosas familias... Aquí está a Patrulla Planeta, superheroes da reciclaxe. Bo entroido para tod@s!




















domingo, 14 de enero de 2024

ANIVERSARIO DE MATEO

 E RECIÉN EMPEZADO O ANO 2024 COMEZAMOS XA FESTEXANDO ANIVERSARIOS. ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A MATEO QUE É O PRIMEIRO EN CUMPRIR 4 ANIÑOS .

MATEO DEU AS SÚAS 4 VOLTAS AO REDOR DO SOL E ENSINOUNOS CÓMO FOI PASANDO O TEMPO NESTES CATRO ANOS.

DESPOIS SOPRAMOS VELIÑA E DEGUSTAMOS UNHA DELICIOSA TORTA DURANTE O ALMORZO.

PARABÉNS MATEO POR ESES 4 ANOS!











jueves, 4 de enero de 2024

BENVIDO 2024

 XA ESTAMOS CASE PREPARADOS PARA COMEZAR A COMPARTIR MOMENTOS DE XOGO, RISAS E APRENDIZAXES XUNTOS... DESPOIS DESTE TEMPO MÁXICO DE RECARGA DE ENERXÍA EMPEZAREMOS CON TODAS AS NOSAS GANAS O SEGUNDO TRIMESTRE... DESEXARVOS UN MOI FELIZ 2024 ESPERANDO QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE VEXAN CUMPRIDOS!


CLICADE AQUI PARA VER O VÍDEO: 💖BENVIDO 2024




domingo, 3 de diciembre de 2023

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE





Esta semana, para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, a profe Cris agasallounos cun fermoso conto. "Pájaro Amarillo", de Olga de Dios.



Se queredes escoitalo, mostramosvos un enlace onde poderedes facelo...


CONTOS E MÁIS CONTOS NO TRABALLO DA AULA

 Continuamos acompañando as nosas aprendizaxes da man dos contos xa que nos encantan e facilitan a introdución de conceptos novos na aula para poder investigar e compartir experiencias... 


domingo, 19 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE MAIKEL

O pasado 17 de novembro, para dar por concluída a semana, festexamos o aniversario de Maikel, o máis pequerrecho da aula!. Agora xa tod@s temos 3 anos!! 
A súa mamá quixo acompañarnos para dar as voltas ao sol con Maikel e agasallarnos coa lectura dun dos contos que máis nos gustan na clase "O monstro de cores". Moitas grazas por compartir momentos tan importantes para os peques. Pasámolo fenomenal!








miércoles, 1 de noviembre de 2023