domingo, 3 de diciembre de 2023

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE





Esta semana, para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, a profe Cris agasallounos cun fermoso conto. "Pájaro Amarillo", de Olga de Dios.



Se queredes escoitalo, mostramosvos un enlace onde poderedes facelo...


CONTOS E MÁIS CONTOS NO TRABALLO DA AULA

 Continuamos acompañando as nosas aprendizaxes da man dos contos xa que nos encantan e facilitan a introdución de conceptos novos na aula para poder investigar e compartir experiencias... 


domingo, 19 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE MAIKEL

O pasado 17 de novembro, para dar por concluída a semana, festexamos o aniversario de Maikel, o máis pequerrecho da aula!. Agora xa tod@s temos 3 anos!! 
A súa mamá quixo acompañarnos para dar as voltas ao sol con Maikel e agasallarnos coa lectura dun dos contos que máis nos gustan na clase "O monstro de cores". Moitas grazas por compartir momentos tan importantes para os peques. Pasámolo fenomenal!








miércoles, 1 de noviembre de 2023

miércoles, 25 de octubre de 2023

IMOS CONTAR UN CONTO

 E durante estos dous primeiros meses de curso os contos están sendo os nosos compañeiros de aprendizaxe e de aventuras nas propostas da aula. Con eles aprendemos a escoitar, a atender, a imaxinar historias e a recrear vivencias... Aquí vos deixo unha pequena mostra para que o poidades comprobar...


lunes, 9 de octubre de 2023

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

En setembro dous dos nosos peques cumpriron anos e comezaron a rutina de aniversario tipo Montessori que faremos ao longo do curso onde, eles (a Terra), dan tantas voltas ao sol como anos cumpren. Parabéns Olivia e Enzo e felices tres voltas ao Sol. 
Mamis, graciñas por compartir connosco un día tan emotivo e tan importante para eles!



OLIVIA:






ENZO:




lunes, 25 de septiembre de 2023

PERÍODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023_2024

 Nestas primeiras semanas de curso deunos tempo a facer unha morea de cousiñas divertidas, de coñecernos un pouquiño, de investigar os recantos da aula, de coñecer a outr@s profes e compis de cole e de desfrutar dos momentos de xogo máis enriquecedores no noso marabilloso patio. Mirade que ben estámolo pasar...