miércoles, 16 de junio de 2021

SAÍDA A BAIONA

 E por fín fixemos saída. Non nos daba chegado o día pero ao final todos os astros alienáronse para poder gozar dun marabilloso día de excursión a Baiona, onde puidemos visitar o Museo da Navegación, a Carabela Pinta e o tan desexado parque de A Palma.

Cheos de ledicia e emoción pasamos un día xenial cos nosos compis das outras aulas de infantil. Mirade que ben o pasamos!



ANIVERSARIO DE LIA

 Empezamos o mes de xuño xa con celebración. Esta vez tocoulle a Lía celebrar o seu aniversario xa que o 4 de xuño cumpriu 6 añazos!. E para celebralo con tod@s @s compis a súa familia preparou uns recantos coa temática que máis lle gusta a ela, os unicornios. Máscaras, xogos, manualidades e agasallos que nos fixeron pasar un fermoso ratiño onde aprender tod@s xuntos.

Parabens Lía, estás feita toda unha mociña!











domingo, 23 de mayo de 2021

ANIVERSARIO DE DYLAN

 E o pasado mércores un dos nosos maiores do grupo festexou na clase o seu aniversario!. Dylan que xa cumpriu 6 aniños e o facía así de emocionado con tod@s @s seus compis.

PARABENS DYLAN...XA ES TODO UN HOMIÑO!








domingo, 9 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS LEIRE Y ROQUE

 Empezamos Maio cheo de celebracións. A semana pasada celebramos dous aniversarios seguidiños.

A nosa Leire cumpriu 5 aniños e Roque xa ten 6. Estes chic@s crecen moi a presa e, coma este ano os aniversarios son un pelín diferentes, tocou festexalos coma é costume... coa Terra rodando ao arredor do Sol mentres os peques nos van contando qué aconteceu en cada unha das fotiños que envían a súas familias.

Botamos en falta a tartiña e a presenza das familias nestes días tan especiais pero prontiño volveremos a celebralos aniversarios coma faciamos antes. Veña que vai quedando menos. 

PARABENS LEIRE E ROQUE, con todo o noso agarimo!


LEIRE: 5 ANOS


                                                





ROQUE: 6 ANOS









miércoles, 28 de abril de 2021

ANIVERSARIO EVA



E hoxe tocoulle o turno á maior da clase, Eva xa cumpriu 6 anos!. Estaba chea de ledicia por celebralo no cole cos seus compis e quixo compartir con el@s unha das súas actividades preferidas...pintarse as uñas así que aproveitamos para ler un contiño que fala da diversidade e do respecto cara as preferencias dos demais... Cómo nos gustou facer obradoiro de pintauñas a tod@s!. Parabéns Eva!














                                            

                                            

viernes, 2 de abril de 2021

UN 2º TRIMESTRE CHEO DE EXPERIENCIAS

Este segundo trimestre foi máis curto pero intenso... Frío, chuvia e vento deron paso a numerosas propostas para a aula coas que gozamos e aprendimos unha morea de cousas... Se queredes botar unha ollada aquí vos deixamos algunhas delas!

domingo, 21 de marzo de 2021

24 de Febreiro, Día de Rosalía

 O pasado mes de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro, unha das poetas máis famosas e reivindicativas da nosa Terra. Coñecimos un pouquiño da súa vida e da súa obra e escoitamos os seus poemas cantados da man de Uxía Senlle no seu disco "Rosalía Pequeniña", cantiga que eleximos para facerlle unha pequena homenaxe polo seu día. Puxémonos mans á obra por equipos e traballamos en cooperativo para realizar un mural que quedou así de chulo e co que aprendimos moitas cousas!.