Xa comezamos o mes de marzo e con el novos aniversarios antes da chegada da primavera. Esta vez tocoulle a quenda a Julia quen, acompañada por mami, quixo recordarnos que pronto chegará unha nova estación perfecta para sementar e coidar o noso horto e xardín. Por iso, trala lectura do conto "A horta de Simón" trouxeron unha proposta de plantación de sementes... Agora toca coidalas con moito mimo para ver como crecen as nosas plantas.
PARABÉNS JULIA E GRACIÑAS MAMI!!























