miércoles, 15 de mayo de 2024

15 DE MAIO. DÍA DA FAMILIA

 Esta semaniña levamos preparando con moito agarimo o Día da Familia, un día que dá cabida a todos os tipos de familias que existen e no que poden apreciarse os lazos que nos unen cos nosos seres máis queridos. Dende a aula traballamos coas fotos das nosas familias intentando formar unha grande árbore xenealóxica onde ubicamos a mamás, papás, irmás, irmáns, avós, avoas, tíos, tías, curmáns....Ademáis sacamos a nosa vena artística unha vez máis para levarmos para casiña un agasallo especial para as nosas familias. Esperamos que a todas as familias lles gustara xa que nos fomos moi ilusionados cos nosos lienzos  para casiña.