domingo, 8 de marzo de 2026

ANIVERSARIO JULIA

 Xa comezamos o mes de marzo e con el novos aniversarios antes da chegada da primavera. Esta vez tocoulle a quenda a Julia quen, acompañada por mami, quixo recordarnos que pronto chegará unha nova estación perfecta para sementar e coidar o noso horto e xardín. Por iso, trala lectura do conto "A horta de Simón" trouxeron unha proposta de plantación de sementes... Agora toca coidalas con moito mimo para ver como crecen as nosas plantas.

PARABÉNS JULIA E GRACIÑAS MAMI!!

















ANIVERSARIO PAU

 En febreiro continuamos cumprindo anos e celebrando voltas ao sol con Pau quen estivo acompañado pola súa irmá e o seu pai para acercarnos a unha das tarefas que máis lle gusta... xogar con IA na búsqueda de información e respostar incógnitas sobre personaxes infantís.

Non faltou a silueta, as voltas ao sol e compartir cos compis da clase un momento de merenda cun delicioso biscoito de chocolate.

Graciñas familia por acompañarnos nun día tan importante para os peques como é o seu aniversario na aula!

    PARABENS PAU POLOS TEUS 6 ANIÑOS!!






















                                       


miércoles, 18 de febrero de 2026

ANIVERSARIO MATEO

 Comezamos o ano celebrando o aniversario de Mateo, o máis maior da clase!. Como é costume fixemos a dinámica da Silueta onde reflexionamos e debuxamos cousas que sabemos sobre Mateo e os seus gustos e preferencias, despois acompañámolo para que dera as 6 voltas ao sol mentres compartimos momentos especiais da súa vida e por último comimos tod@s xunt@s un biscoito delicioso despois de soprar as velas.

Parabéns Mateo!!
















domingo, 30 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO DE MAIKEL

 E con Maikel rematamos o ciclo de aniversarios deste ano 2025. Agora xa todos temos 5 anos!!. 

A mamá de Maikel quixo acompañarnos contándonos un bonito conto, axudando a Maikel a dar as voltas ao sol  e despois compartir unha merendola con biscoito.

Grazas familias por estar sempre dispostas a pasar un feliz día c@s vos@s peques. Encántannos tervos na clase.










PARABÉNS MAIKEL!!

domingo, 23 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO ENZO

 A finais de setembro novo aniversario na aula. Esta vez tocoulle o turno a Enzo que en compañía da súa nai e do seu pai ensinounos a facer unha cara moi divertida con luvas de goma. Encantounos a actividade!.

Compartimos o momento da "Silueta" para adicarlle uns debuxos feitos con moito agarimo polos seus compañeirxs.








Tamén deu as xa coñecidas "Voltas ao Sol" mentres amosaba unha foto de cada momento especial dos seus 5 aniños de vida.



 


 E por último, merendola en conxunto e soprado de velas cos compis. 


Parabéns Enzo. Xa tes 5 añazos!!